Manuel Trigo Díaz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Caleiro, España |
Morte | 16 de xaneiro de 1992 (84/85 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor |
Manuel Trigo Díaz, nado en Caleiro (Vilanova de Arousa) en 1907 e finado en Vilagarcía de Arousa o 16 de xaneiro de 1992,[1] foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Trigo Gómez. Iniciou os estudos de Maxisterio por libre e ao rematar a carreira foi mestre en Moaña. Pasou despois á escola de Vilanoviña patrocinada polos emigrantes que acollía alumnos procedentes de Baión, Mosteiro e Vilanoviña. Foi mariño de guerra durante a Guerra Civil e cando rematou foi destinado a Aralde e pouco tempo despois a Vilagarcía de Arousa. Participou nos certames poéticos Perla de Arosa organizados polo Concello, obtendo varios galardóns. Foi moi celebrada a "Cántigas da Queimada". Foi delegado do Patronato Rosalía de Castro na comarca do Salnés, redactor do Plan Marisqueiro de Galicia e colaborou na organización de Fexdega.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Hipólita Pardo Montes e foi pai de Pilar, Helena e Manuel Trigo Pardo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, Arousa, 18-1-1992, p. 31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Viana, Victor, "Manuel Trigo Díaz: In Memoriam". La Voz de Galicia, Arosa, 19-1-1992, p. 33.